Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc

3 - Igrexa / iglesia de San Pedro








Coñecida como Eirexa da Torre, áchase abeirada ao castelo medieval. Rematouse a comezos do século XVI. No presbiterio consérvase unha inscrición do ano 1569. No seu interior repousan o XVIII señor de Maceda e a súa dona Xoana Díaz de Cadórniga. O arcosolio está emprazado no lado do Evanxeo, nunha gran arca sepulcral do último gótico. Enriba asenta unha pedra armeira dos Nóvoa [aguia, torre e león] no medio de dúas cartelas. O fermoso sartego deste Yáñez de Nóvoa amósase acubillado por un alfiz. Debaixo loce escudo con armas dos Cadórniga [dous lobos e unha barca]. A figura xacente aparece cuberta con gallarda armadura. Repousa as mans sobre a espada e apoia os pés nun can lebreiro. Consonte Chamoso Lamas, "o conxunto, de estilo sereno, puro e vigoroso, respira nobreza e dignidade". A carón do atrio está o cemiterio parroquial, cun sinxelo cruceiro con mesa granítica na parte máis vedraña.

Conocida como Iglesia de la Torre, se encuentra al lado del castillo medieval. Se finalizó a comienzos del siglo XVI. En el presbiterio se conserva una inscripción del año 1569. En su interior reposan el XVIII señor de Maceda y su Señora Xoana Díaz de Cadórniga. El arcosolio está emplazado en el lado del Evangelio, en una gran arca sepulcral del último gótico. Arriba asienta una piedra armera de los Nóvoa [águila, torre y león] en medio de dos cuarteles. El hermoso sarcófago de Yáñez de Nóvoa aparece cobijado por un alfiz. Debajo luce escudo con armas de los Cadórniga [dos lobos y una barca]. La figura yacente aparece cubierta con gallarda armadura. Reposa las manos sobre la espada y apoya los pies en un perro lebrel. Según Chamoso Lamas, "el conjunto, de estilo sereno, puro y vigoroso, respira nobleza y dignidad". Al lado del atrio está el cementerio parroquial, con un sencillo crucero con mesa granítica en la parte más antigua.