Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc

2 - Castelo / castillo de Maceda


A esta casa fortaleza os veciños chámanlle A Torre. Está radicada enriba dun asentamento castrexo. Na súa orixe (séculosXI-XII) protexía a sé do bispado ourensán nos conflitos raianos co condado portucalense. María Fernández de Traba recibiu A Torre de Maceda en concepto de dote -como asignación real- ao casar co nobre Xoán Arias de Nóvoa. Polas súas cámaras pulularon egrexios como o rei Afonso X o Sabio, o bispo Pedro Yáñez de Novóa, o navegante João da Nova, Alonso de Lanzós e Nóvoa e o resto dos condes e condesas de Maceda dende 1654, ano no que foi recoñecido o Condado de Maceda. A torre da homenaxe orixinaria foi rebaixada logo da II Revolta Irmandiña. Ampliouse o conxunto deste edificio trapezoidal con ameas, seteiras e dúas torres. Na penúltima fase transformouse nun pazo híbrido con solaina cuberta e cunha dobre liña defensiva. A súa superficie interior abrangue os 1.265 m2 e a súa altura rolda os 17 m. nos puntos máis elevados. Posúe varias pedras armeiras dos Nóvoa e abeirados. BIC dende 1994, hoxe é propiedade municipal. Está considerado como o edificio máis paradigmático da arquitectura civil de Maceda.

A esta casa fortaleza los vecinos le llaman La Torre. Está situada sobre un asentamiento castreño. En su origen (síglos XI-XII) protegía la sede del obispado ourensano en los conflictos fronterizos con el condado portugués. María Fernández de Traba recibió la torre de Maceda en concepto de dote -como asignación real- al casarse con el noble Xoán Arias de Nóvoa. Por sus cámaras pulularon personajes como el rey Afonso X el Sabio, el obispo Pedro Yáñez de Nóvoa, el navegante João de Nova, Alonso de Lanzós e Nóvoa y el resto de los condes y condesas de Maceda desde 1654, año en el que fue reconocido el Condado de Maceda. La torre del homenaje originario fue rebajada después de la II Revuelta Irmandiña. Se amplió el conjunto de este edificio trapezoidal con almenas, saeteras y dos torres. En la penúltima fase se transformó en un pazo híbrido con solana cubierta y con una doble línea defensiva. Su superficie interior es de 1.265 m2 y su altura ronda los 17 m. en los puntos más elevados. Posee varias piedras armeras de los Nóvoa y allegados. BIC desde 1994, en la actualidad es propiedad municipal. Está considerado como el edificio más paradigmático de la arquitectura civil de Maceda.